Luz verde para o piloto de Snowpiercer

896

A canle TNT ven de encargar a produción dun episódio piloto para unha nova série de televisión, un thriller futurista que será un remake do aclamado filme Snowpiercer dirixido por Bong Joon Ho en 2013.

A história está ambientada sete anos após de que o mundo se convertera nun páramo conxelado e os derradeiros seres humanos viven presos nun tren xigantesco que se move a toda velocidade sen se deter nunca, rodeando o planeta unha e outra vez. Entre os temas que se tratan están a loita de clases, a inxustiza social e a política de supervivéncia.

Chris Evans, Tilda Swinton, Jamie Bell, Ed Harris e John Hurt protagonizaron o reparto do filme orixinal, que recadou 87 millóns de dólares a partir dun orzamento inicial de 40. O filme estaba baseado na novela gráfica francesa Le Transperceneige.

A Tomorrow Studios tiña a posibilidade de se facer coa propriedade dende que adquiriu un dereito de tanteo o ano pasado, e xa daquela contrataran ao guionista de War of the Worlds e creador de Terminator: The Sarah Connor Chronicles, Josh Friedman, para que escribira a série e para que ademais traballase coma produtor executivo e showrunner.

Ademais de producir o piloto, escribirán-se guións de reserva. Becky Clements, Marty Adelstein, Bong Joon Ho, Park Chan-wook, Lee Tae-hunand e mais Dooho Choi participarán en calidade de produtores executivos.