Este sábado 26 de novembro, a partir das 19:00 horas na libraría Cinania de Pontevedra (Avenida de Vigo 12) celebrará-se a presentación da novela histórica de aventuras La reina demonio del Río Isis do Dr. Gabriel Romero de Ávila, publicada pola Editorial Trymar. Xunto ao autor estarán a escritora Eva del Pozo e mais o editor Pablo Morell.
O Dr. Gabriel Romero de Ávila (Madrid, 1978) reside en Vigo dende hai anos, simultaneando a súa laboura coma médico de familia coa sua paixón pola escritura, tanto de prosa como de cómic, e colaborando decote en diversas revistas literárias, en papel ou electrónicas (Albis Off, Planetas Prohibidos, Action Tales, El Arca de las Historietas, Uroboros, Xogo Descuberto, NGC 3660, Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes). En 2008 foi galardoado co primeiro prémio do II Concurso de Relato Curto sobre Inmigración do Concello de Nigrán.
La reina demonio del Río Isis é a súa segunda novela após Nilidiam, e nela regresa aos escenários que xa describiu anteriormente, recollendo o espírito dos clásicos libros de aventuras históricas, dende Jules Verne a Emilio Salgari. O libro é unha aventura con piratas, governadores, demos, arcanos, feitizos e amores prohibidos, e é asemade o segundo tomo dunha triloxía ainda por rematar de novelas que abranguerá todo o desenvolvemento da revolución islámica no imaxinário país norteafricán de Nilídia, coa súa loita e mais as suas consecuéncias.