Jess Franco, Goya de Honra 2008

0
248
Jess Franco
Jess Franco

A Académia de Cinema de España concedeu a Jesús Franco, director, guionista, produtor, actor, montador e músico, especialista no xénero de terror erótico, o Goya de Honra 2008, segundo un comunicado da institución.

O galardón será-lle entregado o 1 de febreiro na cerimónia dos prémios. A Académia tivo en conta “a sua longa, rica e variada filmografía, asi como a sua absoluta entrega á profisión“. Nada mais enteirar-se , o cineasta dixo que está encantado, “porque como nunca me crin merecedor de nada, semella-me un regalo precioso“.

Coñecido tamén como Jess Frank, Clifford Brown ou James P. Johnson, e con mais de 180 filmes no seu haber, Franco segura que “é unha ledícia e unha enorme honra. Nunca esperei ningún recoñecemento da miña carreira. Ninguén me deu ren, só coa miña primeira mediametraxe, Sobre Pio Baroja, me deron moitos prémios aqui e fóra de España“.

Jesús Franco, que rodou o seu primeiro filme en 1959 co título de Temos 18 anos, “chegou a se converter nos últimos anos nun referente creativo e un exemplo vital para varias xeracións de cineastas e afeizoados dentro e fóra das nosas fronteiras”, segundo a Académia.

Recoñecido internacionalmente como director de culto, tanto en Alemaña e Franza coma nos Estados Unidos, rodou en 2003 o seu último filme Killer Barbys contra Drácula. Nado en Madrid en 1930, é tío do escritor Javier Marías. Suas son tamén Vampiresas, A morte asubía un blues, Fu-Manchú e o bico da morte ou Paroxysmus.

Jesús Franco está considerado o director maldito do cinema español por exceléncia e conta no seu currículum con importantes colaboracións con directores internacionais, como o seu traballo no filme Badaladas a meia noite, de Orson Wells.