Máquinas Mortáis en 2018

925

A Universal e mais a MRC anunciaron que a adaptación ao cinema de Mortal Engines, a multipremiada saga de novelas de Philip Reeve, será estreada o 14 de decembro de 2018.

O grupo responsábel das triloxías de The Lord of the Rings e The Hobbit, formado por Peter Jackson, Fran Walsh e mais Philippa Boyens, producirá e escribirá o guión do filme que dirixirá Christian Rivers e que a Universal distribuirá para todo o mundo.

A saga, composta por catro libros, está ambientada vários milénios nun futuro postapocalíptico cando as cidades da Terra cabalgan a lomos de inmensas máquinas con rodas que percorren o planeta destruído pola “Guerra dos Sesenta Minutos”, loitando entre elas por se faceren coa posesión dos prezados e cada vez mais limitados recursos.

Nunha desas xigantescas cidades tractor, un rapaz aprendiz de historiador de 15 anos chamado Tom Natsworthy terá un inesperado encontro cunha misteriosa rapaza dos mundos exteriores que mudará o decurso da súa vida para sempre.

Zane Weiner, Amanda Walker e Deborah Forte serán os outros produtores. Esta será a terceira longametraxe que Jackson e Walsh producen para outro realizador: os outros dous foron District 9 e The Adventures of Tintin. A rodaxe comezará en calquera caso en Nova Celándia en primavera de 2017.