Un dos actores mais ubícuos do cinema actual, Nicolas Cage, será o protagonista do vindeiro thriller de acción e ciéncia-ficción The Humanity Bureau, que comezará a se filmar na Colúmbia Británica (Canadá) esta mesma semana.
A história está ambientada en 2030 após de que o quencemento global arrasara grandes partes do médio oeste dos Estados Unidos. Unha axéncia do governo chamada Oficina da Humanidade encárga-se de exiliar aos membros da sociedade considerados improdutivos e de confina-los a unha colónia chamada O Novo Edén.
Cage interpretará a un lambiqueiro e imparcial asistente social que investiga o caso dunha apelación feita por unha nai solteira (Sarah Lind) e mais o seu fillo (Jakob Davies), condeados a ir ao Novo Edén. Rob King será o director desta longametraxe a partir dun guión orixinal de Dave Schultz (Considering Love and Other Magic).
The Humanity Bureau rodará-se en Barco Escape, un novo formato de vídeo panorámico multipantalla, mentres ca outras partes serán rodadas en realidade virtual. Kevin Dewalt, Danielle Masters e Kelly-Rae Buchan son os produtores.