O rescate en New York será unha precuela

0
139

Seica o vindeiro remake que a 20th Century Fox está a proxectar do filme de culto de ciéncia-ficción Escape From New York non vai ser un remake para nada.

Vários médios fixéron-se eco de informacións segundo as cales o filme será realmente unha precuela que tente complementar o clásico filme protagonizado en 1981 por Kurt Russell e dirixido por John Carpenter.

O que se suxire agora é que a precuela será coma as entregas mais recentes da saga da franquía do Planeta dos Símios, no senso de que pode que haxa mais dun filme e que todos en conxunto leven até a longametraxe que deu comezo á série. O creador de Luther, Neil Cross, xa chegou a bordo do proxecto coma guionista e entregou o seu primeiro borrador o pasado mes de outubro.

Nesta versión o nome real de Snake é coronel Robert “Snake” Plissken. O vilán seica é o herdeiro dunha corporación agroquímica e biotecnolóxica chamado Thomas Newton. E New York non é unha prisión de máxima seguridade, senón unha cidade de torres de cristal controlada por unha intelixéncia artificial chamada April.

O mundo ao redor de New York non é pacífico, hai moitos refuxiados. Nesta versión a misión de Snake é traer vivo de volta a Newton e só ten once horas para completar o traballo. Tamén haberá un desastre natural provocado polo supertrebón Ellery.