As novas botas do Mundo Xurásico

0
97

O protagonista de The Get Down e Paper Towns, Justice Smith, ven de se unir ao reparto da vindeira película de J.A. Bayona, a secuela de Jurassic World que entrará en produción a partir do mes de marzo coa vista posta nunha estrea que non será até o 22 de xuño de 2018.

Smith interpretará a un científico nesta entrega, que conta cun guión de Colin Trevorrow e Derek Connolly. Chris Pratt, Bryce Dallas Howard, Toby Jones e Rafe Spall están xa confirmados no elenco de actores, e tan só existe a dúbida de se B.D. Wong podería regresar.

Por outra banda, e en relación ao mesmo filme, unha das grandes críticas que se lle fixeron á primeira parte ven de se resolver para a segunda. Claire, o persoaxe interpretado por Dallas Howard, converteu-se no obxecto das críticas dos espectadores por levar postos zapatos de agulla durante toda a película, mesmo nas escenas nas que se supoñía que estaba a correr fuxindo dos dinosáuros.

Onte, Trevorrow difundiu na súa conta de Twitter unha imaxe do filme que ao mesmo tempo que se burla do debate dos zapatos, confirma asemade que o persoaxe vestirá unhas moito mas prácticas botas nesta segunda parte que producirán Frank Marshall e Steven Spielberg.