Rice planea levar os seus vampiros á tele

0
79

Anne Rice está a facer plans para converter a súa emblemática saga de libros de vampiros Vampire Chronicles en série de televisión, despois de que os dereitos volveran a ser seus hai uns poucos días.

A escritora publicou unha longa actualización na súa conta de Facebook falando sobre o futuro da súa franquía e das posíbeis adaptacións á pantalla das súas novelas e de como sería millor facer unha série de televisión. O seu plan é comezar con The Vampire Lestat, o segundo libro da série.

A Universal e mais a Imagine Entertainment adquiriran os dereitos para o cinema e mais a televisión sobre a saga de libros en 2014, pero non chegaron a propoñer ningún plan. Ann e mais o seu fillo Christopher Rice, que será o produtor executivo da série, desenvolverán agora un guión para un episódio piloto e mais un boceto do desenvolvemento da série cun final aberto pero que presente fielmente a história de Lestat tal e coma é narrada nos libros.

A propriedade fora adaptada con anterioridade en dúas ocasións á pantalla grande, en 1994 con Interview with the Vampire e en 2002 con Queen of the Damned.