Especial de nadal de Sense8

843

A Netflix ven de anunciar as datas de estrea para un episódio especial de nadal de dúas horas do seu thriller orixinal de ciéncia-ficción Sense8 xunto co lanzamento da segunda tempada da série creada por Lana e Lilly Wachowski e mais J. Michael Straczynski.

Sense8: A Christmas Special estreará-se no servizo de streaming en todo o mundo o vindeiro venres 23 de decembro ás 19:00 hora galega. Pola súa banda, a segunda tempada terá que agardar até o 5 maio.

O especial de dúas horas continuará explorando as aventuras dos persoaxes protagonistas a medida que as súas vidas van-se entrelazando entre si e formando conexións mais profundas, aprendendo os secretos dos demais e todo mentres loitan por se identificaren con outras persoas mais ca consigo mesmas.

Na segunda tempada regresarán os persoaxes de Capheus (Toby Onwumere), Kala (Tina Desai), Lito (Miguel Ángel Silvestre), Nomi (Jamie Clayton), Riley (Tuppence Middleton), Sun (Donna Bae), Will (Brian J. Wright) e Wolfgang (Max Riemelt) mentres se enfrontan a Whispers (Terrence Mann), forzados a cuestionar-se a súa própria identidade, uníndo-se física e mentalmente e atopando un xeito no que vivir, entender e protexer-se os uns aos outros.