Luke Cage renovado para a segunda tempada

0
167

Onte domingo anunciou a Netflix que ven de renovar unha tempada mais a súa série Luke Cage, baseada no superheroe da Marvel.

O programa é o terceiro dentro da colaboración entre Netflix e Marvel que chega á súa segunda tempada, despois dos éxitos de Daredevil e Jessica Jones, que terán respectivamente unha terceira e segunda tempada o ano que ven. A cuarta série de superheroes proxectada, Iron Fist, estreará-se en 2017 xunto con The Defenders, na que aparecerán todos conxuntamente.

O que non está claro polo de agora é cando debutará esta segunda parte. Dado que a axenda de estreas está bastante saturada nestes intres, é posíbel que teña que agardar até 2018.

A primeira tempada de Luke Cage colleitou boas críticas nos seus primeiros episódios, ainda que despois foi-se desabofando un pouco.