A Syfy adaptará The Woods

0
157

A canle Syfy comezou o desenvolvemento da súa nova série de ciéncia-ficción The Woods, baseada na saga de novelas gráficas de James Tynion IV do mesmo título. O director de San Andreas, Brad Peyton, é o produtor e realizador mentres ca Michael Armbruster está a escribir os guións.

A história está ambientada en Wisconsin onde o campus dunha escola secundária desaparece totalmente sen deixar rastro algún das trescentas persoas que o ocupaban. Todos reaparecen logo no médio dunha escura fraga na lúa dun planeta afastado.

O grupo deberá sobrevivir ao seu novo e misterioso contorno, que está cheo de perigos, mentres buscan desesperadamente un xeito de volver a casa. Peyton, Jeff Fierson, Ross Richie e Stephen Christy son os produtores executivos.