Amazon planea animar a Emily The Strange

0
116

A editorial Dark Horse Entertainment está a negociar coa Amazon Studios para produciren conxuntamente unha longametraxe de debuxos animados baseada en Emily the Strange, o popular persoaxe de Rob Reger.

Emily é unha rapaza punki e sinistra que ten unha chea de gatos. Creada polo patinador Rob Reger a primeiros dos anos 90, está en proceso de adaptación. Se o acordo ten lugar, o mesmo Reger, Mike Richardson e Keith Goldberg serían os produtores.

Nestes intres están á procura de guionistas que lle fornezan de aventuras a un deseño que naceu hai vinte anos e que levou ao seu dono a gañar millóns de dólares grazas á aparición de Emily en moda, libros, cómics, xoguetes e accesórios para escolares.

A Dark Horse leva publicando cómics de Emily dende 2005. Chloe Grace Moretz estivo vencellada ao anterior intento de levar á pantalla grande (daquela, con actores reais) por parte da Universal, un proxecto que ao cabo non tivo éxito.