Os Inhumáns, listos para a tele

0
87

A Marvel Entertainment ven de anunciar que o showrunner da série de televisión Iron Fist, Scott Buck, pasará a ter as mesmas responsabilidades noutra série para a pequena pantalla, desta volta The Inhumans, un proxecto que desenvolven conxuntamente a Marvel e mais a Netflix para a ABC e a IMAX.

No universo da Marvel, os Inhumáns son unha raza de superhumáns con distintos poderes característicos. Dende que apareceron por primeira vez nos cómics, no número 45 de Fantastic Four (decembro de 1965) foron medrando até se converter nuns dos persoaxes mais emblemáticos e populares da Marvel. A série centrará-se nun dos superheroes, Black Bolt, e mais a família real de Attilan, a cidade onde residen.

Os primeiros dous episódios da série debutarán en pantallas IMAX o Día do Traballo en Estados Unidos do ano que ven (4 de setembro) en exclusiva durante dúas semanas, e dalí darán o chimpo á canle ABC, onde se emitirán os seguintes seis episódios.