Berlanti no remake da Tenda dos Horrores

985

A Warner Bros. Pictures continúa adiante co seu proxecto de facer un remake do clásico musical Little Shop Of Horrors, para o que contratou ao produtor da série The Flash, o neiorquino Greg Berlanti, para que dirixa o filme a partir do guión de Matthew Robinson.

Inspirada pola adaptación dirixida por Frank Oz en 1986 do musical de Broadway, á súa vez baseado na película de ciéncia-ficción de baixo orzamento de 1960 de Roger Corman, a história vai sobre un home que coida dunha planta alieníxena, e que cando descubre que a planta é carnívora e precisa sangue para vivir, comeza a matar por ela para alimenta-la.

Marc Platt será o produtor deste novo intento. Pola súa banda, e ainda que é sobre todo guionista e produtor, Berlanti conta con experiéncia prévia coma director en filmes coma The Broken Hearts Club: A Romantic Comedy e Life As We Know It e na televisión na série Political Animals. O seu nome continúa asemade vencellado ao filme de superheroes Booster Gold, a falla de recibir a luz verde para o proxecto.