Despois da morte

0
180

A Sony Pictures ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema A.D.: After Death, unha minisérie de cómic orixinal do guionista Scott Snyder e do debuxante Jeff Lemire composta por tres números e publicada en novembro pola Image Comics.

A história está ambientada nun futuro no que foi inventada unha cura xenética contra a morte. Anos despois do descubrimento, un home comeza a se cuestionar todo a través dunha abraiante viaxe que o levará a se enfrontar co seu pasado e coa súa própria mortalidade.

A série mistura o cómic coa prosa e coa pintura, abordando os problemas da idade e a mortalidade. Josh Bratman será o encargado da produción.