Mike Flanagan herdará a Terra

776

O director de dous dos filmes de terror con mais éxito de 2016, Hush e Ouija: Origin of Evil, Mike Flanagan, será o guionista e case con total probabilidade tamén o director de Inherit the Earth para a Sony Pictures e a Platinum Dunes.

O relato está mais ou menos baseado no cómic de 2006 Zombies Vs. Robots, publicado pola IDW e céntra-se nun robot servente a quen se lle encarga a tarefa de protexer a unha nena durante un apocalipse zombi. Flanagan re-escribirá o proxecto por completo baseándo-se no guión orixinal que adquiriu a Sony en 2011.

Andrew Adamson (Shrek) estivo vencellado con anterioridade á dirección, pero abandonou o proxecto hai nove meses. Dave Alpert, Rick Jacobs, Michael Bay, Andrew Form, Brad Fuller, Ted Adams e Trevor Macy son os produtores.