As sereas de Gotham City

825

O director de Suicide Squad, David Ayer, e mais a súa protagonista Margot Robbie volverán-se ver as caras en Gotham City Sirens, o novo proxecto que presenta un grupo de superfalcatruáns femininas do universo da DC Comics uníndo-se para se faceren xuntas co control da cidade de Batman.

Ayer dirixirá e producirá este proxecto no que Robbie repetirá o seu papel de Harley Quinn e ademais será a produtora executiva.

Gotham City Sirens é unha série escrita por Paul Dini e debuxada polo español Guillem March e ainda que nos cómics as tres protagonistas eran Harley, Catwoman e mais Poison Ivy, ainda non está claro se serán as mesmas tres as que dean o chimpo ao cinema.

Geneva Robertson-Dworet, a guionista do relanzamento da saga Tomb Raider e da terceira parte de Sherlock Holmes, escribirá o guión do filme, que producirán Geoff Johns e Jon Berg.

Os estudos ainda están a considerar a posibilidade dunha secuela de Suicide Squad, así como dun spinoff baseado no asasino Deadshot (Will Smith), pero o proxecto de Gothan City Sirens está moito mais avanzado cós outros dous. A Warners ainda non ten unha data de estrea.