A líder de Star Trek ten experiéncia cos zombis

1188

A actriz de Alabama Sonequa Martin-Green, coñecida entre os fans polo seu papel de Sasha na série da AMC The Walking Dead, terá o papel protagonista do novo programa da CBS Star Trek: Discovery.

Martin-Green interpretará á tenente comandante Rainsford da nave Discovery e será a principal estrela da série. Polo de agora non se coñecen mais detalles sobre o seu persoaxe.

Ademais do seu papel en The Walking Dead, Martin-Green foi Tamara en Once Upon a Time, polo que a súa experiéncia no xénero fantástico póde-se calificar de completa: terror, fantasía e agora ciéncia-ficción. A súa incorporación ao reparto chega pouco despois de sabermos que Michelle Yeoh, Doug Jones, Anthony Rapp, Shazad Latif, Mary Chieffo e Chris Obi foran tamén contratados para tres papéis de oficiais da Flota Estelar e outros tres de Klingons.

Star Trek: Discovery está ambientada unha década antes da série orixinal de Star Trek, coa Federación e mais o Império Klingon no médio dunha tensa guerra fría. A série estreará-se a partir do mes de maio na canle CBS All Access nos Estados Unidos, e na Netflix no resto do mundo.