Paul Haggis entra no cemitério dos barcos

672

O responsábel de Crash, o cineasta Paul Haggis, será o encargado de adaptar á pantalla grande Ship Breaker, unha novela orixinal do escritor americano de ciéncia-ficción Paolo Bacigalupi dirixida a un público adolescente e cun orzamento de 100 millóns de dólares.

Ambientada na rexión do Golfo de México nos Estados Unidos nun futuro post-apocalíptico despois de que as capas de xeo se derretisen, a história vai sobre Nailer, un rapaz de quince anos adicado a escarbar no lixo dos grandes buques petroleiros na procura de cousas que vender. Cando atope un veleiro encallado na práia despois dun furacán, deberá elixir entre recoller as cousas de valor ou rescatar a Nita, a única supervivinte, unha rapaza millonária que podería ser a súa chave para unha vida millor.

A novela gañou o prémio Michael L. Printz ao millor libro para adolescentes en 2011 e foi nominado para os Norton e os Nebula do mesmo ano.

Nestes intres Haggis está a producir un documental sobre a crise do auga contaminada en Flint, Michigan. Ese proxecto está dirixido por William Hart.