Puff o dragón máxico

0
74

Peter Paul and MaryA Fox Animation ven de anunciar os seus plans para facer unha longametraxe híbrida de acción real e debuxos animados baseada en Puff the Magic Dragon, a clásica canzón folk do grupo Peter, Paul and Mary publicada en 1963. A canzón vai sobre un dragón intemporal que se fai amigo dun neno tímido e o leva ao país de Honalee. O director de Trolls Mike Mitchell encargará-se deste proxecto, que producen Tory Tunnell e Joby Harold.