Dylan Dog fai outro intento na tele

0
150

O director austríaco Kevin Kopacka e mais o seu parceiro Alex Bakshaev están por rematar a produción do episódio piloto dunha nova série de televisión inspirada polo clásico cómic de terror Dylan Dog, do italián Tiziano Sclavi.

Neste proxecto Dylan é un “investigador de pesadelos” quen xunto co seu axudante Groucho resolve casos relacionados co mundo do descoñecido e o paranormal.

Ainda que por motivos de copyright Kopacka tivo que cambiar os nomes dos persoaxes, segundo dixo, a súa eséncia fica salvagardada no episódio piloto, titulado Dream of the Living Dead.

Ford Everett é o protagonista no papel de Dylan, Denise Ankel é Morgana e Harry Baer o inspector Mahlow. Após do fin da rodaxe agárda-se que o episódio estea listo para mediados de 2017.

Brandon Routh protagonizou un anterior intento de levar o persoaxe ao cinema en 2011, pero o filme foi un fracaso de crítica e público. Sclavi ademais escrbiu o guión de Dellamorte Dellamore, un clásico da comédia de terror protagonizada por Rupert Everett en 1994.