O universo mais estremo

0
157

Os produtores Graham King e Akiva Goldsman, xunto coa Fundamental Films e mais a Weed Road, van-se asociar para crear unha nova saga cinematográfica baseada no universo da Extreme, unha série que agrupa mais de cen persoaxes en nove cómics orixinal de Rob Liefeld, o co-creador de Deadpool.

Goldsman, quen recentemente supervisou os espazos de traballo dos guionistas que están a expandir a saga dos Transformers e do universo Hasbro, fará o mesmo neste caso, xuntando aos escritores nunha habitación usando mapas e estratéxias que permitan facer divisións entre eles pero cun único universo conxunto no que non haxa lugar a contradicións internas, todo co obxectivo de xerar filmes que moi posíbelmente sexan calificados “R” (para maiores de 18 anos) dado o tón subversivo e atrevido dos seus persoaxes.

O actual universo da Extreme Studios inclúe títulos coma Brigade, Battlestone, Bloodstrike, Kaboom, Regex, Cybrid e Bloodwulf, pero o acordo non incluirá Youngblood nin Avengelyne, mália que os dereitos deste último están nestes intres nas mans do mesmo Goldsman, quen se encargará de dirixir un filme para a Paramount.

Ademais de Deadpool, Liefeld creou para o cómic persoaxes coma a X-Force e Cable, e foi o autor de guións para distintos persoaxes da Marvel: os X-Men, Capitán América, Spiderman ou os Vingadores, todo elo antes de marchar e crear a súa própria editorial, a Extreme Studios.

Liefeld e mais Brooklyn Weaver producirán todas as películas que se filmen baixo este acordo.