Sylvain White dirixirá ao Slenderman

0
85

Sylvain White, responsábel de The Losers e Stomp the Yard, será o encargado de dirixir o filme de terror Slender Man para a Screen Gems.

Slenderman é un monstro vestido de negro, de figura antinaturalmente alongada e sen rosto, ás veces debuxado con tentáculos e axexando aos nenos, agochado normalmente no bosque. Foi creado no fóro cómico Something Awful en 2009 polo usuário Eric Knudsen co gallo dun concurso de Photoshop para deseñar imaxes paranormáis e a súa mitoloxía foi ampliada pouco a pouco con relatos de ficción escritos por fans, e posteriormente en vídeos e mesmo videoxogos.

O seu auténtico chimpo á fama debeu-se nombergantes a un crime cometido por adolescentes, cando dúas rapazas de 12 anos en Wisconsin mallaron nunha amiga e a apuñaron até case mata-la, todo coa excusa de face-lo no nome de Slenderman. O documental da HBO Beware the Slenderman, que se estrea a finais deste mes, explora estes feitos.

Bradley Fischer, James Vanderbilt, William Sherak, Robyn Meisinger e Sarah Snow producirán o filme.