A parella de Piratas 5 regresa con Origin

788

Dous dos principáis responsábeis do filme Pirates Of The Caribbean: Dead Men Tell No Tales que se estreará este ano volverán ver-se as faces noutro filme fantástico, nesta ocasión en Origin, unha longametraxe de ciéncia-ficción producida pola Paramount Pictures.

Joachim Rønning dirixirá a película a partir dun guión que el mesmo está a escribir canda seu irmán Andreas Rønning, mentres ca Jerry Bruckheimer será o produtor. Joachim é o co-director da nova entrega da franquía dos Piratas do Caribe xunto a Espen Sandberg, e Bruckheimer leva vencellado á mesma saga dende os seus comezos.

Polo de agora non se deu a coñecer ningún detalle sobre o argumento, definido coma “de alto concepto”, pero se agarda que serva de comezo para unha nova franquía no cinema.