O regreso de Mister Mxyzptlk

0
133

O actor inglés Peter Gadiot (Queen of the South, Tut, Once Upon a Time in Wonderland) ven de ser contratado para interpretar ao clásico persoaxe da DC Comics Mister Mxyzptlk en dous episódios da segunda tempada da série Supergirl que emite a canle The CW.

Nos cómics, Mr. Mxyzptlk é un trasno da Quinta Dimensión habitual entre os superfalcatruáns que combate Superman. Nas súas orixes a única maneira de derrota-lo era facer que el mesmo dixera, lera ou escribira o seu nome ao revés.

En anteriores encarnacións foi interpretado por Gilbert Gottfried en Superman: The Animated Series, por Michael J. Pollard en Superboy, por Howie Mandel en Lois & Clark e por Trent Ford en Smallville.

Supergirl está aínda no descanso de nadal e regresará con novos episódios o luns 23 de xaneiro, cun capítulo que dirixiu Kevin Smith.