A Lucasfilm ven de emitir un comunicado oficial no que negan as novas que o programa BBC Newsnight ofreceu a comezos da semana cando dixeron que estaban a negociar cos herdeiros da defunta Carrie Fisher continuar usando a súa imaxe para as vindeiras entregas da saga da Guerra das Galáxias.
A discusión comezou cando se revelou que Rogue One: A Star Wars Story recreara a Peter Cushing (o Grand Moff Tarkin) e a Fisher (a princesa Leia) para face-los semellantes aos rostros que tiñan cando se estreou o filme orixinal, en 1977.
Coa morte de Fisher a finais de decembro, e coa confirmación de que o persoaxe de Leia tiña ainda moitas escenas pendentes no vindeiro filme de Colin Trevorrow, ninguén se sorprendeu cando comezou o rumor de que os produtores poderían recrear dixitalmente á actriz para o Episódio IX.
Agora, nombergantes, a compañía ven de negar mesmo que tiveran a ideia, e din non só que non a van usar para o Episódio IX senón que tampouco será usada para ningún filme no futuro:
“Normalmente non respondemos ás especulacións da prensa ou dos fans, pero hai un rumor a circular ao que quereríamos dirixirnos. Queremos asegurar aos nosos fans que a Lucasfilm non ten plan para recrear dixitalmente a actuación de Carrie Fisher coma princesa ou xeneral Leia Organa.
Carrie Fisher foi, é, e sempre será parte da família da Lucasfilm. Ela foi a nosa princesa, o noso xeneral, e o mais salientábel, a nosa amiga. Ainda estamos apenados pola súa perda. Amamos a súa memória e legado coma princesa Leia, e sempre loitaremos por honrar todo o que ela deu a Star Wars“.
Segundo os informes, Fisher rematara todas as súas escenas para o filme de Rian Johnson Star Wars: Episode VIII, na que será polo tanto a súa derradeira interpretación nas pantallas.