Alien: Covenant terá libro secuela de seu

1995

O 19 de maio chegará ás nosas pantallas Alien: Covenant, a segunda precuela que Ridley Scott realiza baseada no seu clásico de 1979 Alien. Aínda non está claro se Scott quere facer ún ou mesmo dous filmes mais despois deste, pero o que xa é seguro é que haberá mais cousas das que disfroitar antes de que se tome unha decisión sobre o futuro da franquía.

Así, Alien: Covenant terá unha secuela en forma de novela que aparecerá o 26 do vindeiro mes de setembro.

Alan Dean Foster, autor das anteriores novelizacións da saga de Alien, será o encargado de escribir a adaptación do guión de Alien: Covenant e que chegará aos andéis das librarías o 23 de maio.

E após diso, a Titan Books continuará co lanzamento de Alien: Covenant 2, un libro de 304 páxinas co subtítulo de “Secuela oficial do éxito do cinema”. Polo de agora, Alien: Covenant 2 non ten unha sinopse e nin sequera dispón dunha imaxe da súa portada, polo que non podemos facer especulacións sobre o seu contido, pero si que está xa dispoñíbel para pre-venda en Amazon.