R.I.P. William Peter Blatty

918

William Peter Blatty, autor do clásico da literatura de terror de 1971 The Exorcist, un libro que o director William Friedkin levou á pantalla grande no non menos clásico filme de 1973 do mesmo título, ven de morrer á idade de 89 anos. Friedkin ficou preto do escritor e guionista co paso dos anos, e confirmou o triste suceso na súa conta de Twitter.

Fillo de emigrantes libaneses, naceu en New York en 1928 e foi criado coma católico nunha escola xesuita. Comezou a publicar nos anos 50 novelas cómicas e mesmo chegou colaborar con Blake Edwards con guións para o cinema, polo que o seu libro The Exorcist chegou coma unha grande sorpresa que vendeu mais de 13 millóns de exemplares só nos Estados Unidos.

O seu filme The Ninth Configuration (1980) baseado na súa novela de 1978 Twinkle, Twinkle, “Killer” Kane foi un fracaso mália as grandes loubanzas da crítica e mesmo gañou o Globo de Ouro ao millor guión. En 1983 escribiu Legion, unha secuela de The Exorcist que logo foi a base para The Exorcist III, unha película que el escribiu e dirixiu pero que foi editada fortemente en post-produción cuns resultados pésimos, e que ainda así converteu-se nunha película de culto cunha das escenas mais terroríficas de todos os tempos.

A súa obra foi obxecto de amplos estudos e ensáios críticos por parte de autores salientábeis, entre os que se atopan G. S. J. Barclay, Douglas E. Winter ou S.T. Joshi.

Blatty casou catro veces e tivo oito fillos, dos que sobreviviron sete.