Após de que xurdiran rumores a primeiros do mes, o portal StarWars.com ven de confirmar oficialmente que Woody Harrelson unirá-se ao universo da Guerra das Galáxias cun papel no filme de Han Solo de 2018.
O anúncio en si non revela que papel fará o actor, pero os rumores iniciais apuntaban a que sería o titor do xoven Han (Alden Ehrenreich). En calquera caso, Harrelson úne-se a un reparto no que xa figuran Donald Glover (Lando Calrissian) e Emilia Clarke no outro papel protagonista.
A rodaxe do filme comezará dentro duns días en Londres baixo a dirección de Phil Lord e Chris Miller coa vista posta na estrea en maio de 2018.
Após da confirmación, Harrelson engadiu mais datos sobre o seu papel:
“Nunca imaxinei que tería esta oportunidade así que estou moi emocionado. Góstan-me moito estes directores, son realmente estupendos. Xa sabes, case calquera filme é bó se o director é bó, pero se non tes poucas posibilidades dunha boa película. Estou encantado de ser parte diso.
Eu serei un mentor de Han, pero tamén un pouco criminoso. Non coido que teña moita maquillaxe nin nada diso. Xa veremos como se desenvolve. Vou-me encontrar con esta xente mañán, perruquería e maquillaxe e todo. Imos ter unha pequena charla.
Queren manter-me caladiño así que mellor non direi demasiado. Queren que o argumento e mais a história sexan máximo segredo… vai ser guai ser o titor de Han Solo, vai ser guai“.