James Cameron recuperará o control sobre os dereitos da franquía de Terminator en 2019 e seica xa está a facer plans para o futuro que incluirán a súa mais salientábel creación. Cameron apadriñará unha nova entrega do filme, que serva coma definitivo remate da franquía e que peche a guerra entre os humáns e Skynet.
Ademáis diso, Cameron, que estará ocupado coa franquía de Avatar até ben entrada a vindeira década, mantivo conversas co director de Deadpool Tim Miller para que dirixa o proxecto.
David Ellison, cuxa compañía, a Skydance Productions, cofinanciou a que polo de agora é a última entrega, Terminator Genisys, sería o encargado de aportar os cartos nun esforzo exploratório que incluirá a posibilidade de vencellar a outros autores de ciéncia-ficción para que lle dean mais creatividade ao filme. Polo de agora Ellison é aínda o dono dos dereitos sobre Terminator.
Cameron non tivo de feito ningunha responsabilidade na franquía dende as primeiras dúas películas, á parte dun breve apóio a Terminator Genisys, que mália as malas críticas da prensa recadou 440 millóns de dólares en todo o mundo.
A franquía semella nestes intres estar sen gas, pero as esperanzas son que se Cameron se implica dun xeito creativo, ainda que sexa sen dirixir, todo podería cambiar.