O derradeiro home continúa vivo

0
45

A longamente agardada adaptación á pantalla do cómic de ciéncia-ficción de Brian K. Vaughan Y: The Last Man vai cumprir mais de dez anos sen ver a luz ao fin do túnel, primeiro en forma de filme e logo coma série de televisión.

O cómic de 60 números vai sobre un xoven artista das fugas afeccionado, chamado Yorick Brown, e mais o seu mono amestrado Ampersand, os dous derradeiros homes na Terra. Algo matou simultáneamente a todos os mamíferos que tiveran un cromosoma Y, incluíndo embrións, óvos fertilizados e mesmo esperma.

A sociedade mergúlla-se no caos mentres as infraestruturas colapsan e as mulleres supervivintes tentan superar os efectos da perda dos homes. Yorick embárca-se na misión de atopar á súa moza Beth, que estaba de vacacións en Austrália.

O ano pasado os últimos informes apuntaban a que a série ía estrear-se na canle FX, co guionista de Logan e Blade Runner 2049 Michael Green encargado de escribir o argumento, xunto ao mesmo Vaughan.

O venres, o director de programación orixinal da FX, Nick Gad, ofreceu unha pequena actualización das novas e dixo: “supón-se que imos ter un guión nos dous vindeiros meses… vai ser unha série regular“.

Nina Jacobson e Brad Simpson serán os produtores. En anteriores novas, os nomes de directores coma D.J. Caruso (xXx: The Return of Xander Cage), Louis Leterrier (Grimsby) e Dan Trachtenberg (10 Cloverfield Lane) estiveron vencellados a este proxecto.