Black Adam terá un filme de seu

0
42

A Warner Bros. Pictures decediu dividir o seu filme de Shazam alomenos en dúas partes, de xeito que unha delas estará protagonizada por Dwayne Johnson nun filme autoconclusivo baseado no superfalcatruán da DC Comics e anti-heroe Black Adam.

Johnson fora previamente contratado para interpretar ao devandito persoaxe no filme Shazam, pero un encontro co co-director da DC Films Geoff Johns a pasada semana levou a reconfigurar o proxecto. Agora, ambos os dous filmes producirán-se simultáneamente.

Nos cómics, Black Adam é realmente Teth-Adam de Kahndaq, un persoaxe que posúe poderes comparábeis aos de Shazam, incluíndo o vóo, a forza, axilidade, manipulación dos lóstregos e mais a máxia.

Johnson expresara o seu interese no persoaxe e fora contratado para lle dar vida alomenos durante os vindeiros dez anos. Con esta reconfiguración, agárda-se que o primeiro filme de Shazam non incorpore a Black Adam coma supervilán principal, pero podería aparecer posteriormente noutros filmes da DC.

Shazam anunciára-se para se estrear o 5 de abril de 2019, se ben agora non se espera manter a mesma data. Polo de agora non hai ningún director vencellado ao novo proxecto.