Bós Presáxios na BBC e a Amazon

0
87

A BBC Studios vai-se asociar coa Amazon para produciren de xeito conxunto Good Omens, unha série de seis episódios baseada na famosa novela homónima orixinal de Neil Gaiman e Terry Pratchett.

O libro é unha comédia sobre o nacemento do fillo de Satán e a chegada do apocalipse e narra os intentos por parte do anxo Aziraphale e mais do demo Crowley para sabotar o fin dos tempos, xa que ambos os dous acostumáron-se a vivir apacíbelmente nunha vila nos arredores de Inglaterra.

Gaiman está a escribir a adaptación á pequena pantalla e será ademais o showrunner. Caroline Skinner, Chris Sussman, Rob Wilkins e Rod Brown will serán os produtores. O proxecto ten prevista a estrea en 2018 na canle de pago Amazon Prime Video e mais na BBC.