Star Trek: Discovery adiada outra vez

0
195

O rexurdimento da saga de Star Trek ven de contemplar a contratación de James Frain no papel do pai de Spock, segundo anunciou a CBS Television Studios o mércores, pero ao mesmo tempo fontes internas informan que o prometido debut en máio ten poucas esperanzas de se facer realidade.

A produción de Star Trek: Discovery comeza a semana que ven. Encánta-nos o reparto, os guións e estamos emocionados polo mundo que crearon os produtores“, dixeron os voceiros da CBS All Access nun comunicado. “Este é un proxecto cobizoso; seremos flexíbeis na data de lanzamento se é o millor para o programa. Dixemos dende o comezo que é mais importante  facer isto ben que face-lo rápido. Hai flexibilidade engadida ao presentar todo na CBS All Access, que non está suxeita ás ventás de estrea de tempadas“.

Polo de agora non hai confirmación oficial, pero todo semella indicar que a desexada estrea terá que agardar unha vez mais. Star Trek: Discovery ía debutar en xaneiro e fora adiada a maio, así que esta é a segunda vez que se muda a data de estrea.

Frain interpretará a Sarek, o pai de Spock que apareceu por primeira vez na série orixinal de Star Trek e que fixo várias aparicións a través da história da franquía ao longo dos últimos cincuenta anos.

A canle Netflix será a que emita a série en todo o mundo agás nos Estados Unidos (onde os dereitos son da CBS All Access) e presentará novos persoaxes a bordo dunha nova nave, a U.S.S. Discovery, coa actriz de The Walking Dead Sonequa Martin-Green no papel protagonista, a tenente comandante da nave. Hai que salientar que Martin-Green continuará loitando contra os zombis e que de todas maneiras a série da AMC non rodará novos episódios até o verán de 2017.

Michelle Yeoh, Anthony Rapp e Doug Jones son os outros nomes xa anunciados para esta série de 13 episódios. Chris Obi, Shazad Latif e Mary Chieffo foron contratados para papéis de Klingons.