A Fox encarga abrir a Pasaxe

603

A Fox ven de aprobar a realización do episódio piloto para unha nova série de televisión que adaptará a triloxía de novelas de vampiros The Passage, orixinal de Justin Cronin.

O primeiro libro publicou-se en 2010 e comeza coma un thriller cunha conspiración do governo antes de se converter nunha saga post-apocalíptica de vampiros que se estende ao longo dun século. A história céntra-se nunha rapaza chamada Amy que deberá salvar á raza humana.

Elizabeth Heldens (Friday Night Lights) será a encargada de escribir o guión e o director de Let Me In Matt Reeves será o produtor executivo xunto a Ridley Scott e David W. Zucker. O mesmo Cronin completará o cadro de produtores executivos.

Este será o terceiro programa ao que a Fox lle dá luz verde para a vindeira tempada. Entre os outros xa encargados están o spin-off de X-Men que dirixirá Matt Nix e a “space opera” de Seth MacFarlane Orville.

O tema dos vampiros está comezando a se esgotar na televisón agora que rematan as séries The Vampire Diaries e The Strain mentres cá canle TNT semella xa non estar interesada na versión para a pequena pantalla de Let The Right One In. Só a canle The CW ten pendente de desenvolver o relanzamento de The Lost Boys.