O guión de Flash reescríbe-se dende cero

924

Seica a Warner Bros. Pictures ven de contratar a Joby Harold para que reescriba totalmente dende cero o guión do vindeiro filme The Flash, baseado no popular superheroe da DC Comics.

O filme tiña prevista a estrea para 2018, pero foi posto en espera dende que perdeu ao seu director Rick Famuyiwa. Agora o plan é recomezar dende unha nova dirección e facer algo totalmente distinto ao que tiñan planeado Famuyiwa e mais o guionista Seth Grahame-Smith.

Ezra Miller continúa vencellado ao proxecto coma protagonista, e dado que ten compromisos pendentes, entre eles protagonizar as vindeiras entregas de Fantastic Beasts and Where to Find Them, déixa-lle tempo abondo a Harold para traballar no novo guión. Miller de todas maneiras aparecerá enfundado no uniforme de Flash no filme Justice League, que se estrea o 17 de novembro.

Polo momento Kiersey Clemons retén o papel de Iris West e Billy Crudup continúa a bordo do proxecto no papel do pai de Barry, Henry. O que si que está claro é que ainda que non se deu a coñecer unha data, a estrea xa non será en marzo de 2018 de ningunha maneira.

Harold traballara anteriormente no thriller de 2007 Awake, foi o produtor executivo de Edge of Tomorrow e na série Underground, e escribiu e produce a vindeira película de Guy Ritchie, King Arthur: Legend of the Sword e o relanzamento de Robin Hood por parte de Taron Egerton.