Bryan Singer será o director do episódio piloto da nova série de superheroes da Fox, un programa aínda sen título pero que estará protagonizado polos persoaxes dos X-Men e producido por Matt Nix.
Singer, que dirixiu catro das seis películas que se estrearon xa cos X-Men, será asemade o produtor executivo da nova série sobre dous pais normáis que descobren que os seus fillos posúen poderes mutantes.
Obrigados a fuxir por mor do governo hostil, a família acaba uníndo-se a unha rede clandestina de mutantes que loitan por sobrevivir. Nix escribirá o guión e será o showrunner.
Lauren Shuler Donner, Simon Kinberg, Jeph Loeb e Jim Chory son os outros produtores executivos deste proxecto.