Michael Bay produce a pequena América

782

A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos para levar á pantalla grande o guión dunha aventura futurista titulado Little America, que producirá a compañía de Michael Bay, a Platinum Dunes.

A história está ambientada nun futuro distópico que se describe coma governado por un presidente coma Donald Trump, que levou aos Estados Unidos á ruína, mentres ca China comeza a esixir o pagamento das súas débedas. Coma resultado, agora China é dona dos Estados Unidos e moitos americanos deben emigrar ao país asiático na procura de traballo.

Neste novo mundo, un ex membro dunha forza de recoñecemento americana é contratado por un millonário chinés para que entre nun gueto dos Estados Unidos e rescate á súa filla. Seica o tón é semellante ao do clásico de John Carpenter Escape From New York e foi vendido coma sci-fun polos seus promotores.

Rowan Athale (Wasteland) escribiu o esbozo do guión e será o director, mentres ca Bay producirá o proxecto xunto a Andrew Form e Brad Fuller.