A Fox 2000 e mais a 21 Laps desenvolverán conxuntamente un filme baseado na clásica história de ciéncia-ficción de Larry Niven Inconstant Moon, publicada orixinalmente en 1971.
A história comeza cando a lúa comeza a brillar moito mais do que é normal, facendo que o narrador do conto coide que o sol se converteu en supernova e que esta é polo tanto a derradeira noite da súa vida.
O narrador pasa a noite coa súa moza, pero despois descobre que a Terra foi atrapada nunha xigantesca laparada solar que matou a case todos os habitantes do hemisfério oriental.
James Ponsoldt (The End of the Tour, The Specatcular Now) é polo de agora o director do proxecto, que conta cun guión de Daniel Casey. Ponsoldt, Shawn Levy (Arrival, Uncharted), Vince Gerardis e Dan Cohen serán os produtores.