O segador de céspede, VR na tele

0
141

Jaunt, a empresa que produciu recentemente a série de realidade virtual do director Doug Liman Invisible, está a planear facer unha nova versión de The Lawnmower Man, o filme de 1978 supostamente baseado nun conto de Stephen King e que foi adaptado ao cinema en 1992 cun filme do mesmo título.

No seu día, o filme tiña tan pouca semellanza co material orixinal que o mesmo King demandou á New Line. A película era realmente unha versión bastante rebiricada de Flowers For Algernon, na que Jeff Fahey facía o papel dun xardineiro discapacitado mental sometido a experimentos por parte dun médico (Pierce Brosnan). A película usou xenerosamente escenas de realidade virtual cos modestos médios dispoñíbeis nos anos 90.

Ao final o xardineiro convérte-se nun superfalcatruán intelixente e telequinético que tentaba usar os seus poderes para subir a súa consciéncia á rede mundial. Ainda que os seus gráficos están mais ca superados, o filme usaba unha tecnoloxía de realidade virtual que posteriormente se usou en aplicacións de todo tipo, dende médicas a sexuais.

Polo de agora non se deron a coñecer mais detalles da nova adaptación, á parte de que utilizará a nova tecnoloxía dos nosos días e que será unha “realización en realidade virtual do filme“, o que non semella dicir moito. O filme orixinal á parte do argumento central non tiña moito máis que contar e era unha sucesión de escenas nas que unha máquina de curtar o céspede pasaba por riba de todo tipo de cousas e finalmente atrapaba e devoraba ao doutor.

A Jaunt está a traballar noutros proxectos de VR, entre eles unha série de ciéncia-ficción titulada Luna, a série de ciéncia-ficción política de Tye Sheridan The Enlightened Ones, a comédia Bad Trip, e mais unha série con robots titulada Miss Gloria.