Capa e Puñal xa teñen face

0
67

A Marvel ven de anunciar oficialmente a contratación de Aubrey Joseph (The Night Of) e mais da exestrela da Disney Channel Olivia Holt (I Didn’t Do It) coma protagonistas da nova série de televisión Marvel’s Cloak and Dagger, nos papéis de Ty Johnson (Capa) e Tandy Bowen (Puñal).

A história destes dous mutantes céntra-se en dous adolescentes con diferentes orixes que loitan por controlar os seus superpoderes: Tandy pode lanzar dagas de luz e Ty pode engulir a outros na escuridade, todo elo mentres se namoran o un do outro.

O produtor executivo e showrunner Joe Pokaski dixo nun comunicado: “Os persoaxes de Tandy e Tyrone sempre foron para min sobranceiros dende que os atopei nas páxinas dos cómics Marvel cando era eu neno. Cando Olivia e Aubrey leron os papéis, os persoaxes chimparon das páxinas. Estamos moi emocionados de ver como estes dous xoves actores aportan o seu talento ao Universo Marvel“.

Jeph Loeb, xefe da Marvel Television e produtor executivo, engadiu: “A Marvel está encantada de atopar os nosos Capa e Puñal. Olivia Holt e Aubrey Joseph abranguen a auténtica eséncia dos persoaxes e estamos emocionados de que os espectadores os vexan neses papéis“.

A série ten previsto escomezar a se emitir no inverno de 2018 na canle por cable Freeform.