As ratas de NIMH regresan ao cinema

0
50

O especialista en efectos especiais James Madigan, quen traballou recentemente coma segundo director no filme fantástico de tiburóns Meg, será o realizador de The Rats of NIMH.

O proxecto é un híbrido de gráficos xerados por computador e acción real baseado na novela de Robert C. O’Brien Mrs. Frisby and the Rats of NIMH. Publicada orixinalmente en 1971, a história vai sobre unha ratiña que ficou viúva hai pouco e que debe afrontar contra todos os prognósticos o problema de mudar a toda a súa família antes de que chegue o labrego co seu arado.

O texto fora xa adaptado á pantalla grande en 1982 por Don Bluth no clásico filme titulado The Secret of NIMH. Michael Berg escribirá o guión e Daniel Bobker e Ehren Kruger serán os produtores.