Michael Peña loitará contra a Extinción

0
33

Michael Peña será o protagonista do vindeiro filme de ciéncia-ficción Extinction, que dirixirá Ben Young para a Mandeville Entertainment.

Spenser Cohen, Brad Caleb Kane e mais Eric Heisserer escribiron o guión no que Peña interpretará a un home atormentado por un soño que se repite unha e outra vez e no que perde á súa família por mor dunha brutal invasión alieníxena da Terra.

Mentres loita pola súa vida, descobre que ten a forza para protexer á súa família. Todd Lieberman e David Hoberman serán os produtores deste proxecto, que espera vender-se internacionalmente no vindeiro Festival de Cinema de Berlín, a Berlinale que comeza este xoves 9 de febreiro na capital alemá.