Teri Hatcher, a emblemática actriz que interpretou a Lois Lane na série de televisión Lois & Clark: The New Adventures of Superman ao longo de catro anos, regresará ao universo DC nun papel central coma vilán na segunda tempada da série da canle The CW Supergirl, actualmente nas pantallas.
Hatcher intervirá nunha série de episódios nun arco argumental ainda por determinar e será a principal vilán da tempada. Coa súa chegada, úne-se ao seu compañeiro da série Lois & Clark Dean Cain, que fai o papel do pai adoptivo de Supergirl.
O produtor exectutivo Andrew Kreisberg dixo respeito a esta fichaxe: “Non quero ofender a ningunha das marabillosas actrices que tamén fixeron o papel, pero Teri Hatcher é a miña Lois Lane favorita de todos os tempos. O seu regreso ao mundo de Superman nun papel completamente diferente é un regalo incríbel para min, para Greg Berlanti [produtor da série] e para os fans“.
Hatcher tamén intepretara a Ella Lane, a nai de Lois Lane, nun episódio de Smallville en 2010.