O fundador da banda de rock Blink-182 Tom DeLonge será o director da longametraxe de ciéncia-ficción Strange Times baseada na franquía que el mesmo creou e que inclúe un misterioso sítio Web, unha novela gráfica e unha triloxía de libros de ciéncia-ficción para adolescentes que aínda está a escribir xunto ao autor Geoff Herbach.
A história céntra-se nun grupo de patinadores rebeldes en San Diego, que se encargan de investigar fenómenos estremos de actividade paranormal pola cidade. A súa grande aventura será moito maior da que nunca imaxinaran.
DeLonge co-escribiu o guión do filme xunto a Ben Kull e o seu grupo actual, Angels & Airwaves, fornecerá a música orixinal para a banda sonora da película. Russell Binder, Stan Spry e Eric Woods serán os produtores e a rodaxe comezará este outono.