Ráio Negro é o seguinte heroe na tele

845

A canle de televisón The CW quere incorporar unha quinta série dentro do seu rendíbel grupo de programas inspirados no universo dos Cómics DC, ainda que neste caso é sobre un persoaxe ao que ninguén agardaba.

Greg Berlanti, o produtor responsábel dos catro programas (Arrow, The Flash, Supergirl e mais DC’s Legends of Tomorrow) ven de desenvolver outra série titulada Black Lightning para a FOX e ten o compromiso da FOX de produci-la.

Polo de agora, nombergantes, as discusións están abertas e non hai unha aprobación definitiva para o novo proxecto. A Fox non quere facer o episódio piloto, pero a Warner Bros. TV interesou-se polo programa e a canle The CW podería ser o seu novo fogar, cousa que xa acontecera anteriormente con Supergirl (que comezou na canle CBS). Black Lightning, que conta con Mara Brock Akil e mais o seu home Salim Akil coma showrunners, tería asemade o encargo de realizar o desexado piloto.

Nos cómics, Jefferson Pierce, álias Ráio Negro, é un superheroe afroamericano, e na série xa está retirado e ten dúas fillas novas, pero deberá volver a se enfundar a máscara de heroe contra os seus desexos. O persoaxe non garda relación con Ráio Negro (Chornaya Molniya) un filme ruso de 2009 que lle copiou o nome.