A Monxa do Esconxuro nun filme de seu

1819

Corin Hardy, director de vídeos musicais e mais do filme The Hallow, ven de ser contratado para se encargar de The Nun, o vindeiro segundo “spin-off” da franquía de The Conjuring de James Wan.

O primeiro spin-off fora Annabelle, que vai sobre unha boneca enmeigada que apareceu brevemente na primeira entrega de The Conjuring. E o segundo terá como vilán á demoníaca monxa Valak, que foi xa a principal inimiga no segundo filme da saga.

James Wan co-escribiu esta continuación xunto a Gary Dauberman, e será o produtor canda Peter Safran. Annabelle, un filme que custou facer sete millóns de dólares en 2014, acadou unha recadación de 257 millóns, ainda que as críticas non foron nada positivas.

Hardy continúa vencellado ao filme The Crow coma director de Jason Momoa, pero nestes intres están á procura dun novo estudo.