Overlord, zombis nazis con J.J. Abrams

841

Julius Avery (Son of a Gun) será o director do thriller sobrenatural Overlord ambientado na Segunda Guerra Mundial e que producirá a Paramount Pictures xunto á compañía Bad Robot de J.J. Abrams.

A história vai sobre dous paracaidistas que despois de se lanzaren sobre Normandía durante a invasión do día D, descobren que un sinistro experimento nazi creou uns maléficos monstros sobrenaturáis que ben poderían ser zombis.

O proxecto está baseado nunha ideia orixinal de Abrams e mais do guionista de The Hunger Games Billy Ray, quen fornecerá o libreto deste novo proxecto, que leva agardando unha oportunidade dende hai case dez anos.

O actual guión contou asemade coa axuda do escritor de The Revenant Mark L. Smith. Nestes intres están-se a celebrar algunhas xuntanzas en despachos de Hollywood co fin de crear un calendário de traballo e comezar a contratación do reparto de Overlord. Avery ten primeiro que dirixir The King of LA para a Scott Free Productions.