O alzamento dos vampiros será na Fox

729

A 20th Century Fox ven de gañar unha poxa polos dereitos sobre a novela ainda sen publicar A People’s History of the Vampire Uprising, orixinal do escritor texano Ray Villareal, e que describen coma “unha versión con vampiros de World War Z“.

A história, que abranguerá catro volumes, está contada coma unha narración oral e trata da aparición, asimilación e finalmente confrontación épica e violenta cos vampiros (quen prefiren ser chamados Gloamings ou luscofuscos) contra a raza humana.

O mesmo cá novela World War Z, este libro é narrado dende distintos puntos de vista e abrangue un considerábel periodo de tempo. Shawn Levy e mais Dan Cohen serán os produtores do filme.