Un burato negro no noso sistema solar

885

A STXfilms ven de se facer cos dereitos mundiais sobre Black Hole, o novo thriller de ciéncia-ficción e acción épica do director de San Andreas, o canadiano Brad Peyton.

Na história, un burato negro entra no noso sistema solar causando desastres naturáis a unha escala sen precedentes: cidades destruídas por meteoros, continentes devastados por supervolcáns e o eixo da Terra desencadeando unha cataclísmica segunda idade de xelo.

Unha equipa de científicos, soldados e astronautas deberá traballar conxuntamente para salvar o planeta da inminente aniquilación global.

Peyton, Jeff Fierson e Bill Block serán os produtores, con Peyton dirixindo este thriller de acción a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Philip Gawthorne. Agárda-se que a produción empece a comezos de 2018, unha vez que Peyton remate co seu actual proxecto Rampage.